Concentración para esixir o indulto de Carlos e Serafín

Non pode ser que no século XXI haxa que pelexar polo dereito a folga, pero se ninguén o fai acabaremos como ovellas cara o matadeiro.
Mentres as súas señorías no Congreso dos Deputados estaban fala que te fala, nas rúas de Vigo berrábase “Carlos, Serafín ¡Indulto xa!”.
Un mes mais dende fai mais de dous anos séguese a esixir o indulto de dous vigueses que o único que fixeron foi participar nunha folga en defensa dos dereitos dos traballadores. Unha indentificación policial que lles aseguraron non tería importancia tornouse nunha condea á cadea de varios anos cando lles aplicaron un Código Penal de séculos pretéritos, que ten artigos contra a mobilización laboral.
A única solución que queda é que o Ministerio de Xustiza tramite a solicitude de indulto que ten na mesa do Consello de Ministros dende fai mais dun ano, tras denegar a primeira. Ou que o Congreso dos Deputados derogue o artigo en base o que foron condenados. Como eles dous outros traballadores en todo o estado levan sufrindo durante anos unha persecución policial ao servizo do capital cada vez que hai algunha folga.
Non pode ser que no século XXI haxa que pelexar polo dereito a folga, pero se ninguén o fai acabaremos como ovellas cara o matadeiro. Cómpre, máis que nunca, seguir a defender nas rúas aquelo que as señorías negan dende os escaños. Os dereitos laborais mais básicos, como o de folga.
Mentres Carlos e Serafín non sexan indultados ou se modifique o Código Penal para evitar que teñan que deixar os seus traballos e as súas familias seguirase na rúa pedindo o que é de xustiza, sexa diante do MARCO, na Farola ou noutra manifestación por dous compañeiros, que tamén contan co apoio dos tres sindicatos maioritarios e das forzas políticas da esquerda.
Categorías
Clase Obreira
Ernesto Ilkermn

Fotógrafo e Xornalista. Sempre disposto a disparar e cubrir eses casos aos que a prensa tradicional non chega e non quere chegar. Colabora con varios medios, como: Tercera Información ou Revolución Permanente.

RELACIONADAS