Concentración en Vigo contra as violencias machistas

A Plataforma Feminista Galega concentrouse o 7 de novembro nas escaleiras do MARCO, xusto cando se cumplía un ano da Marcha contra as violencias machistas de Madrid.
Contentración en Vigo - imaxe: Ernesto Ilkerm

Dende entón ván 77 mulleres asasinadas polo que se plantexan ¿Qué foi das reivindicacións polas que centos de miles de persoas se manifestaran no 2015 en Madrid? A violencia machista tivo unha presenza mínima tanto nas campañas electorais como na política do estado español, o que se reflicte no tratamento que da o goberno ao tema: 2 de cada 3 mulleres denunciantes quedaron sen protección na Valoración Policial do Risco de Violencia sobre a Muller. O estado destinou no 2016 un 10,9 % menos de recursos que en 2009.

Por eso piden que se aplique o Convenio de Istambul e as recomendacións da CEDAW, cunha reforma da lei contra a violencia de xénero que recolla todas as formas de violencia contra as mulleres e non só as de parella. Consideran preciso crear servizos especializados a vítimas de agresións sexuais e protexer a todas as vítimas sen ningún tipo de discriminación. Un exemplo de que a hai é o feito de que a Comisión de Observación de Dereitos Humanos reportou no CETI de Melilla embarazos indesexados, desprotección fronte á violencia de xénero e represalias por denunciala.

Do mesmo xeito piden que toda a sociedade e as súas organizacións e institucións se comprometan na loita feminista que inclua tanto a violencia na parella ou ex parella como as agresión sexuais, o acoso sexual no ámbito laboral, a trata con fins de explotación sexual ou laobra de mulleres e nenas e todas as violencias machistas. Esixen ao Estado un Plan de Acción nise senso.

Do mesmo xeito todas as instancias do goberno deben implicarse na prevención e a erradicación das violencias machistas e na asistencia e reparación a todas as mulleres en situación de violencia, independentemente da súa situación administrativa. O asasinato de mulleres, mesmo estando hospitalizadas recuperándose doutro intento de asasinato, é unha proba da desprotección institucional das vítimas.

É preciso facilitarlle ás afectadas saídas de recuperación vital, económica e social posto que osn mínimas as axudas para vivenda, insuficiente o apoio sicolóxico e non se pode facer depender dunha denuncia o acceso a estes recursos.

Outro pilar é a prevención para o que cómpre un sistema coeducativo en todos os ciclos, formación específica para todo o personal profesional que intervén nos procesos, nos medios de comunicación, na produción cultural e na sociedade civil.

Os medios de comunicación deben visibilizar as diferentes violencias machistas sen sensacionalismo morboso, linguaxe ou imaxes sexistas.

E finalmente piden a elminación da custodia compartida imposta, ca supresión do réxime de visitas e da patria potestade sobre menores aos maltratadores condenados, porque nunca poderán ser bos pais.

Cun “¡A plataforma feminista galega por unha sociedade libre e sen violencias machistas!” rematou a lectura das reinvindicacións expostas tras unha concentración silenciosa.

+FOTOS   Ernesto Ilkermn

Categorías
Xéneros e Sexualidades
Ernesto Ilkermn

Fotógrafo e Xornalista. Sempre disposto a disparar e cubrir eses casos aos que a prensa tradicional non chega e non quere chegar. Colabora con varios medios, como: Tercera Información ou Revolución Permanente.

RELACIONADAS