Concentración en repulsa a última agresión a un rapaz gai


O 11 de xaneiro Nós Mesmas, ALAS A Coruña e Ultreia LGTBI organizaron concentracións simultáneas, ás 20.00 en Vigo, Coruña e Compostela co apoio de diferentes colectivos. O motivo...

O 11 de xaneiro Nós Mesmas, ALAS A Coruña e Ultreia LGTBI organizaron concentracións simultáneas, ás 20.00 en Vigo, Coruña e Compostela co apoio de diferentes colectivos. O motivo foi a primeira agresión homófoba que tivo lugar na Coruña o pasado 1 de xaneiro: na noite de aninovo foi agredido un rapaz gai “vulnerando os nosos dereitos e arrebatándonos a oportunidade de disfrutar na rúa sen medo, como o resto do mundo”, como relataron no comunicado que se leu na concentración.

Nel tamen recalcan que os dereitos do colectivo LGTBi “vense continuamente arrebatados en case a maior parte dos ámbitos cotiáns”: na escola, no traballo, na sanidade, nas rúas ou ata dentro dos fogares.

Pregúntanse, nunhas datas tan sinaladas de paz e amor como o nadal, “¿Cantas terán sufrido agresións nestes días e, por medo, falta de apoio ou vergoña non foron capaces de levar a cabo as medidas necesarias como ir á policía e denunciar? ¿Cantas persoas terán tido dificultades para disfrutar as festas coa persoa que aman, polo simple feito de ser do meso sexo? ¿Cantxs escotiaron nestes días: maricón, travelo, vicioso, viciosa, desviado, desviada… entre outros moitos? ¿E cantas desas situacións vanse seguir repetindo ao largo do ano?”

Como sinala a prensa, nestes últimos anos deuse un aumento das agresións lgtbifóbicas, pero a carencia de rexistros, de investigacións, dun observatorio contra a LGTBIfobia, a invisibilidade do colectivo, o medo, a inseguridade… impide moitas veces facer públicas esas agresións, denuncialas e contabilizalas.

Galiza é a terceira CCAA como maior número de delitos de odio por orientación sexual e identidade de xénero, con especial incidencia en caso de mulleres. Por eso reclaman “unha lei que contemple sancións entre outras cousas porque agresións como estas non poden, nin deben, saír baratas para xs agresorxs”. O goberno do PP vaciou de contido a Lei estatal pola visibilidade e non discriminación de lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais: quitou o artigo sancionador das agresións co cal nin contan con agravante de homofobia, senon como simple delito de lesións.

Deste xeito, pese á mala praxis do goberno popular, o colectivo quiso amosar o seu apoio ao rapaz que sofriu a agresión homófoba, física e verbal, o 1 de xaneiro, recordando o lema feminista contra a violencia machista: “ningunha agresión sen resposta” que fan seu.

Seguirán visibilizando estas agresións para que dunha vez a sociedade se conciencie e todas e todos nos impliquemos no fin da lgtbifobia, do machismo; en definitiva “por unha vida na que sexamos libres e podamos ser quen somos sen medos”.

 

Categorías
Xéneros e Sexualidades
Ernesto Ilkermn

Fotógrafo e Xornalista. Sempre disposto a disparar e cubrir eses casos aos que a prensa tradicional non chega e non quere chegar. Colabora con varios medios, como: Tercera Información ou Revolución Permanente.

RELACIONADAS