[Compostela] A especulación do xigante de tixolo

Dende Isca queren denunciar máis unha vez o modelo de urbanismo público do PP-PSOE.

imaxe1O antigo “Hospital General de Galicia” foi construído en 1953. A súa marcada arquitectura fascista trasládanos a unha época de centralismo onde unha gran parte das galegas non tiñan aceso a unha sanidade pública e era preciso desplazarse moitos quilómetros para realizar unha operación (hoxe en día voltamos a camiñar cara ese modelo).

Co seu traslado o Hospital quedou libre, as súas salas convertéronse nun hotel e a morgue nun restaurante. Aproximadamente 47 anos despois, o hospital pechou. Ese edificio pasou a ser propiedade da USC e deixouse de usar dun día para outro sen buscar outra utilidade que a especulación urbanística.

Despois de anos de vandalismo, hoxe é un cadáver de fiestras esnaquizadas perfecto para rodar un filme de terror. O seu valor inicial reduciuse con cada destrago e hoxe a súa remodelación ten un custo moi elevado. A USC di que vale algo máis de 7 millóns de euros mais polo de momento non hai ninguén que pagara ese prezo. Conta tanto con eses cartos que xa o anterior reitor vinculaba a esta venta a posibilidade de facer reformas necesarias noutros centros en uso.

imaxe2Máis unha vez estamos ante un caso de auténtico abandono intencionado dun edificio público, para cedelo a mans privadas.

Cun edificio de semellante tamaño as administracións públicas teñen que decidir cal vai ser o seu novo uso antes desocupalo e orzamentar os custos do cambio de actividade conxuntamente cos das novas instalacións. Hoxe o pasear pola rúa galeras, non podemos evitar pensar: que pasará co Xerais de Vigo?

Dende Isca! queremos denunciar máis unha vez o modelo de urbanismo público do PP-PSOE: adxudicacións de obras millonarias a catro amigos feitas sen planificación de ningún tipo nin negociacións cos axentes implicados, deixando esqueletos de feismo e cemento nas nosas cidades á espera de que sexa rentable a compra para un empresario, que moitas veces foi o mesmo que construíu o novo edificio.

 

isca

 

Categorías
Política

RELACIONADAS