Cinco experiencias de cinco ourensáns na súa procura de emprego

Un Artigo de Gonzalo Gay

2016120307473711244

Simón Francisco Macías: “Deixei unha empresa de limpeza porque non estaba asegurado”

Este técnico en atención sanitaria traballou nunha empresa de limpeza “pero non me fixeron contrato e tívenme que ir porque non me querían asegurar; pagábanme en negro”. É unha das razóns que lle levaron a apuntarse no Servizo Público de Emprego, “para optar aos cursos e ter formación adicional que engadir á miña curriculo”. En todo caso, ve o futuro “cru”, aínda que espera conseguir “un traballo con seguro”.

Edgar Gómez: “Na barbaría, do que pactamos ao que cobraba, un mundo”

Edgar Gómez estivo a traballar un ano e medio coa súa nai e con seguro, como axudante de barbaría. “Despois estiven a tentar traballar noutro local do sector, pero o dono non me asegurou e do que me prometeu ao que me pagaba había un mundo; estiven tres meses e non lle vía futuro”. Respecto ao Servizo Público de Emprego, sinala que “en cinco anos que levo apuntado só me chamaron dúas veces”.

Renán Castelo: “A cousa está bastante complicada e espero poder entrar en cursos”

Este estudante de Ensino Secundario acaba de apuntarse ao Servizo Público de Emprego. Leva desde “mediados de xullo en paro, antes traballei como coidador nun xeriátrico durante sete meses e previamente estiven nunha empresa de limpeza, onde traballei un ano e seis meses”. Agora ve a cousa “complicada” e espera que “salga algo, polo menos en cuestión de cursos, para mellorar as miñas posibilidades de empleabilidad”.

Sabela Vázquez: “A maioría dos contratos son curtos, de só uns meses”

Esta estudante de saúde ambiental nunca traballou, pero fai a renovación do cartón do paro “porque se non perdo puntos”. Recoñece que “a verdade é que non son nada optimista respecto ao futuro; conseguir traballo está cada vez máis complicado”. Engade que ten amigos que “traballaron, como un que estaba de auxiliar e agora está en paro, porque a maioría son contratos curtos, duns meses, para cubrir baixas”.

Mourad Elazhari: “Bótanche cando estás a piques de ser fixo, é o que hai”

Este cidadán marroquí, que ten dous fillos pequenos ao seu cargo,  é soldador e traballou até hai uns días “nunha empresa eólica de Carballiño, onde levo seis anos e pico”. Explica que “cando levas dous anos e pico ou estás a piques de cumprir o tres bótanche para volver contratarche e non ter que facerche fixo”. Unha fórmula que “acepto, porque é o que hai”, aínda que recoñece que “non é o ideal, a verdade”.

laregion.es

Categorías
Clase Obreira

RELACIONADAS