Ciclo de Charlas Aniversario Árbore

Logo da gran celebración de aniversario do día 1, continuamos as actividades de conmemoración dos 15 anos de Árbore cun ciclo de charlas, presentacións e mesas redondas  que se...
Logo da gran celebración de aniversario do día 1, continuamos as actividades de conmemoración dos 15 anos de Árbore cun ciclo de charlas, presentacións e mesas redondas  que se desenvolverán entre os  meses de outubro e novembro.

A primeira delas  será a presentación do libro de Mª González Reyes  Palabras que nos sostienen. Cartografía de una multinacional en dibujos e historias. Un libro de historias ilustradas que pretende “mudar o relato que contan os poderosos”.
Esta actividade está organizada en colaboración coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS Coia) e terá lugar o xoves 27 ás 20:00h no local social da nosa cooperativa.
Agardámosvos!
E se non podedes vir este xoves, non esquezades anotar as seguintes datas: 10 e 23  de novembro.
A Comisión Social
Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS