CCOO prepara despedimentos e baixadas salariais aplicando a reforma laboral

O sindicato aplicaría nos despedimentos a controvertida reforma laboral aprobada no 2012, á que supostamente se opuxo, e que inclúe a indemnización legal mínima de 20 días por ano traballado aos empleados do sindicatos.

Desde que comezou a crise, a central perdeu  oito mil afiliados en Galiza, un 12 % dos que tiña, unha sangría proporcional á da poboación asalariada na comunidade. Iso minguou os ingresos por cotas en case 100.000 euros ao ano, segundo fontes consultadas. Esta menor dispoñibilidade de recursos non só viría dada pola xente que deixou de pagar por estar no paro, senón que moitos afiliados que seguen no sindicato e rebaixaron as súas achegas. Isto empuxou á dirección a pór sobre a mesa un plan de axuste que levaría unha redución de persoal: seis despedimentos por causas obxectivas e tres incentivados (voluntarios), ademais dun posible expediente de regulación de emprego temporal e parcial que afectaría o persoal do gabinete de saúde laboral.

Isto suporía que o sindicato aplicaría a controvertida reforma laboral aprobada no 2012, á que supostamente se opuxo, e que inclúe a indemnización legal mínima de 20 por ano traballado. De momento, é unha posibilidade encima da mesa, sen que a dirección de CC. OO. decidise aínda quen son os que sairán da organización.

O sindicato xa aplicou a reforma do PP no ano 2013. Durante estes últimos anos, á drástica caída de ingresos polas cotas dos afiliados houbo que sumar o esborralle das subvencións públicas, sobre todo as dirixidas a formación. Á saída de 24 traballadores de Forem, a fundación que xestionaba os cursos, houbo que sumar entón outro nove despedimentos con 20 días por ano traballado: seis eran traballadores da organización e tres, liberados sindicais. A dirección, entón liderada por Sánchez Aguión, asumiu aquilo como un paso ineludible para preservar a viabilidade do sindicato, e chegou mesmo a ofrecer 28 días por ano e 15 mensualidades, pero o comité negouse. Nos chamados axentes sociais, os despedimentos de persoal estiveron á orde do día desde que estalou a crise pola brusca caída de ingresos. E o propio adelgazamento da estrutura de persoal da CEG dá boa proba diso.

Segundo o sindicato, a menor dispoñibilidade de recursos na organización é consecuencia directa dunha ofensiva ideolóxica neoliberal encamiñada a adelgazar o gasto público, entre elas as subvencións para a formación, pero tamén para políticas activas de emprego.

Categorías
Clase Obreira

RELACIONADAS