Campaña do BNG Pedindo a Norwegian Air que considere “Galega” a Rosalía de Castro

En coherencia con toda a obra de Rosalía de Castro, cuxa protagonista é Galiza, a súa fala e a súa xente, así como por respecto ao pobo galego.

Vexo contigo estos ceos,
vexo estas brancas auroras,
vexo estes campos froridos
onde se arrullan as pombas,

Saúdamos con alegría a iniciativa de Norwegian Air Shuttle ASA de adicar un avión á nosa Rosalía de Castro. Esta iniciativa pioneira e inédita permitirá visibilizar globalmente á nosa poeta e escritora máis universal, que reflectiu como ningunha outra a alma do pobo galego.

Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.

Pero en coherencia con toda a obra de Rosalía de Castro, cuxa protagonista é Galiza, a súa fala e a súa xente, así como por respecto ao pobo galego, que ten nesta muller o seu referente cultural e político máis importante, pedimos a Norwegian Air Shuttle ASA que considere modificar o rascuño que publicitou nas súas redes sociais reflectindo “Rosalía de Castro, Galician Author”, no canto de “Spanish Author”.

Airiños, airiños aires,
airiños da miña terra;
airiños, airiños aires,
airiños, leváime a ela.
Asina a campaña

Categorías
CulturaPolítica

RELACIONADAS