Búscanse familiares dos vigueses deportados polos nazis

Por unha investigación, buscamos aos familiares dos nados en Vigo que foron deportados a campos de concentración nazis, e que se detallan a continuación.   DOMINGO CASTRO MORAIS, nado...

Por unha investigación, buscamos aos familiares dos nados en Vigo que foron deportados a campos de concentración nazis, e que se detallan a continuación.

 

DOMINGO CASTRO MORAIS, nado en Cabral/Vigo, o 9 de maio de 1910. Deportado a Mauthausen o 27 de xaneiro de 1941. Foi asasinado en Hartheim o 2 de febreiro de 1942.

MANUEL FERNÁNDEZ GUTIÉRREZ, nado en Vigo, o 19 de marzo de 1914, solteiro, mecánico. Os seus pais chamábanse Bonifacio e Valentina. Deportado a Mauthausen o 14 de maio de 1941, faleceu en Gusen o 4 de novembro de 1941.

ARTURO GONZÁLEZ BASTOS, nado o Lavadores/Vigo o 23 de marzo de 1910. Os seus pais chamábanse Joaquín e Carmen. Deportado Neunegamme, faleceu en Meppen-Dalum o 10 de febreiro de 1945.

ANTONIO HOYA ALONSO, nado en Vigo o 15 de abril de 1913, Sarxento de Infantaría do Exército Popular da República. Deportado a Mauthausen o 25 de xaneiro de 1941. Sobreviviu ao campo de concentración.

ANTONIO IGNACIO ÁLVAREZ, nado en Vigo o 8 de agosto de 1914, fillo de Manuel e María, casado con Consolación Rodríguez, pai de dous fillos. Resistente e deportado a Dachau o 18 de xuño de 1944, tras a liberación sabemos que residiu en Plaine St. Denis (Francia).

MARCELINO MARIÑO LAGO, mariñeiro, solteiro, nado en Vigo o 2 de decembro de 1916. Deportado a Mauthausen o 13 de decembro de 1940, trasladado a Gusen o 17 de febreiro de 1941, campo do que foi liberado o 5 de maio de 1945. En Francia viviu coa súa irmá Antonia. En 1967 residía en Seyssinet-Pariset, departamento de Isère, en Grenoble.

EUDALDO MARTÍNEZ MENDEZ, resistente e deportado, nado en Teis Vigo o 8 de marzo de 1917. Solteiro. Os seus pais chamábanse Vicente e María. Deportado a Neuengamme o 25 de maio de 1944, liberado o 23 de xuño de 1945. En 1963 residía no departamento de Gironde.

JOSÉ NOVOA GROVA, nado en Vigo o 28 de agosto de 1915. Solteiro. Os seus pais chamábanse Francisco e Consolo. Deportado a Mauthausen o 26 de abril de 1941. Liberado o 5 de maio de 1945. En xuño de 1952 residía en Toulouse (Francia)

FRANCISCO RODRIGUEZ OTERO, nado en Lavadores/Vigo o 24 de marzo de 1911. Fillo de Manuel e Dores. Deportado a Mauthausen o 27 de xaneiro de 1941 e trasladado a Gusen en xaneiro de 1944. Casado con Marcelline Albertine Lauer, faleceu en Mulhouse (Alto Rin) o 30 de novembro de 1992.

MANUEL SÁNCHEZ JALDA, nado en Vigo o 2 de xullo de 1915. Os seus pais chamábanse José e Felisa. Casado con Esperanza Lecuana e pai dous fillos: José e Felisa. Deportado a Neuengamme o 25 de maio de 1944. En 1970 residía en Mont-Marsan (Landes)

Correo de contacto: martorcel@gmail.com

buscameenelciclodelavida

Categorías
Cultura

RELACIONADAS