Brutal e inxusta expulsión express dun xoven veciño de Compostela dende hai máis de 14 anos

O Foro Galego de Inmigración ven de facer público a expulsión de un xoven veciño de Compostela e de orixe paraguaio.
Expulsións express pola policía

Este rapaz de 19 anos, vivía coa súa nai en Santiago de Compostela dende hai máis de 14 anos até uns días. Algúns deles baixo a tútela da propia Xunta de Galicia.

Unha vez perdida a súa condición de menor tutelado non conseguíu (como tantas outras persoas) unha oferta de traballo para poder regularizar a súa situación.

Detido dende o martes 22 foi trasladado a Madrid para envíalo nun avión dende Barajas, vía  Perú, con chegada a Asunción (Paraguai) na madrugada do sábado ao domingo ás 4 da mañá.

Non ten familia algunha alí. A súa familia, nai e irmán pequeno (naceu aquí en Compostela) residen aquí dende eses mesmos 14 anos. Coincide ademáis que a nai enferma e soa precisa coidados e atención.

Non entendemos o ensañamento que supón  facer efectiva a expulsión deste rapaz, que podía quedar co procedemento de expulsión aquí e coa posibilidade pola vía de arraigo social  de arranxar a súa situación legal en España.

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS