Axentes fronterizos de USA controlan opinións políticas nas contas de Facebook

Acusan o goberno de estar a deter persoas con visado legal de entrada nos Estados Unidos e dos interrogar sobre as súas crenzas políticas, baseándose nos contidos dos seus perfís no Facebook
Protestos no Aeroporto de São Francisco

O xornal The Independent faise eco da denuncia da avogada Mana Yegani, residente en Houston, en Texas, que os axentes fronteirizos norte americanos controlan os perfís de Facebook dos viaxeiros para verificar as súas posicións políticas antes de permitir que entren no país.

Mana Yegani traballa na Asociación Americana de Avogados de Inmigración e acusa o goberno de estar a deter persoas con visado legal de entrada nos Estados Unidos e dos interrogar sobre as súas crenzas políticas, baseándose nos contidos dos seus perfís no Facebook, antes de lles permitir entrada no país.

Demócratas queren revogar decreto

Na sexta feira á tarde, Trump asinou unha orde executiva para prohibir a entrada de persoas de sete nacionalidades (Irán, Iraq, Libia, Somália, Sudán, Siria e Iemen) de países maioritariamente musulmáns, independentemente de ter autorización de residencia nos Estados Unidos. Ironicamente, a orde foi asinada o día da Memoria do Holocausto, o mesmo día en que Trump tamén suspendeu o programa norte americano a favor dos refuxiados por 120 días.

A Casa Branca afirmou que irá considerar recibir refuxiados cristiáns sirios, a pesar dos restantes refuxiados sirios estaren proscritos por un período indefinido. A entrada nos Estados Unidos de persoas con nacionalidades destes sete países está proscrita por 90 días. Esta decisión foi condenada polo Alto Comissariado da ONU para os Refuxiados e a Organización Internacional para as Migrações que lembraron, nun comunicado conxunto, que “as necesidades dos refuxiados e migrantes en todo o mundo nunca foron tan grandes e o programa dos EUA para o acolhimento de refuxiados é un dos máis importantes do mundo” e engaden que “a longa tradición política norte americana de recibir refuxiados creou unha situación en que todos teñen a gañar: salvou as vidas dalgunhas das persoas máis vulnerábeis do mundo que, á súa vez, enriqueceron e fortaleceron as nosas novas sociedades”.

A medida está a ser motivo de moita crítica, non só internacionalmente, mais tamén dentro do propio país. Varios membros do Partido Republicano critican a Trump e esixen a revisión ou revogação da medida. Aproveitando esta onda de contestação, os demócratas anunciaron que irán avanzar coa revogação do decreto de Trump e a limitación da súa autoridade executiva no tema da inmigración, con dúas propostas de lei que planeiam presentar esta semana.

Petição anti Trump no Reino Unido con máis dun millón de sinaturas

Theresa May foi a primeira líder estranxeira a visitar Trump na Casa Branca, onde foron fotografados de mans dadas e Trump lle garantiu que quería asinar un acordo comercial co país despois da sinatura do Brexit. May rexeitou inicialmente condenar o decreto de lei anti-inmigración de Trump, sendo duramente criticada por iso, até por deputados do seu Partido Conservador.

A sociedade británica, pola súa parte, non ve o Presidente norte americano cos mesmo ollos da Primeira Ministra e está a circular unha petição esixindo a cancelación da visita de Estado de Trump ao Reino Unido que xa reuniu case un millón e duascentas mil sinaturas. O documento refírese á “documentada misoginia e falta de maneiras” de Trump, razón pola cal non debería ser permitida a súa entrada no país, nin que coñecese a raíña. “Durante o seu mandato, Donal Trump non debe ser convidado a unha visita oficial ao Reino Unido”, conclúe a petição, que pode ser lida aquí(link is external).

Protestas en aeroportos por todo o país e fronte a Casa Branca

Ao longo de todo o fin de semana, milleiros de persoas protestaron en varios aeroportos dos EUA pola liberación das persoas interrogadas á entrada no país. Fronte á Casa Branca e do edificio do Capitólio tamén se reuniron miles de persoas con palabras de orde como “os refuxiados son ben vindos”, “Trump fóra, refuxiados dentro” ou “non ao odio, non ao medo”. En Nova York, as protestas espalláronse para o Battery Park, que fica fronte á Estatua da Liberdade, un lugar icónico para o acolhimento de inmigrantes no país.

Non obstante, as accións interpostas en tribunal por asociacións de defensa dos dereitos civís en nome dalgúns deses pasaxeiros tiveron resposta positiva por parte de dous xuíces, que bloquearon as deportacións. Non entanto, o bloqueo xudicial á orde de Trump protexe só as 100 a 200 persoas que xa deron entrada nos EUA. A prohibición continúa vixente e está a ser aplicada nos aeroportos de todo o mundo.

esquerda.net

Categorías
Política

RELACIONADAS