As vítimas de Angrois acusan a De la Serna de incumprir a súa promesa

Ao non apoiar unha investigación no Congreso. Un compromiso que lanzou cando era alcalde de Santander.
Protestas do 24 de xullo en Compostela

A asociación Plataforma Vítimas Alvia 04155 acusou ao ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, de incumprir a súa promesa de apoiar unha investigación do accidente no Congreso, un compromiso que lanzou cando era alcalde de Santander, ao decidir que non proporá a creación das comisións técnica e parlamentaria para investigar o descarrilamento do tren Alvia ocorrido en Santiago en 2013.

Así o explicaron as portavoces da asociación Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez e Teresa Gómez-Limón, tras reunirse este xoves con De la Serna na sede do Ministerio en Madrid. Un encontro que tiña o obxectivo de solicitar que cumprise coa súa promesa de crear unha comisión técnica independente e outra en sede parlamentaria a relación ao descarrilamento ocorrido en Santiago en 2013, no barrio de Angrois, no que morreron 80 persoas e máis dun centenar resultaron feridas.

De la Serna pediu o pasado 29 de xullo, cando era alcalde de Santander, que “o futuro Goberno do Estado español” abrise unha comisión de investigación en sede parlamentaria “para establecer posibles responsabilidades políticas” en relación co descarrilamento. A moción apoiada polo PP santanderino tamén solicitaba unha comisión de expertas e técnicas independentes, lembraron desde a Plataforma.

Segundo este colectivo de vítimas, o ministro ha justificado o seu cambio de discurso no seu descoñecemento acerca do catro veces que xa se solicitou a creación destas comisións no Congreso previamente, nas que tanto PP como PSOE votaron en contra, tal e como relataron os portavoces tras a reunión.

Gómez-Limón, que se atopaba no tren que descarrilou, cualificou de “cínica” esta afirmación de De la Serna e criticou que o ministro xogase coa dor das vítimas” do Alvia. “Así é como entende este señor a democracia, vótase que non cando teñen maioría absoluta e xa é que non para toda a vida”, lamentou.

O responsable de Fomento non propuxo ningunha alternativa xa que a Comisión de Investigacións de Accidentes Ferroviarios (CIAF) levou a cabo a investigación pertinente. Con todo, o pasado xullo a Axencia Ferroviaria Europea determinou que tal investigación non cumpriu cos requirimentos de independencia que establece a directiva comunitaria.

Neste sentido, Domínguez declarou que o próximo 24 de xaneiro defenderán ante o Tribunal Europeo en Bruxelas as dúas denuncias que a Plataforma puxo “por incumprimento da seguridade ferroviaria da normativa e por publicidade enganosa”. O portavoz da Plataforma lamentou verse na obrigación de “ir ao estranxeiro para atopar obxectividade e profesionalidade”.

Desde a Plataforma Vítimas Alvia 04155 denuncian que, ao negarse “tanto o PP como o PSOE” á creación da devandita comisión parlamentaria, “o Ministerio tratou de ocultar a verdade e non se depuraron responsabilidades políticas” e que tres anos despois do suceso, non se investigou “de forma independente” para explicar todas as causas da catástrofe.

Domínguez asegurou que este suceso ten “intereses detrás e que hai unha gran chapuza e moitas mentiras”, motivo polo que o Ministerio se nega a facer calquera comisión” co obxectivo de “defender custe o que custe o interese de Adif, de Renfe e do propio Ministerio de Fomento”.

Ambos os representantes das vítimas aseguraron que van seguir loitando porque “teñen a verdade por diante” e porque esta situación é “unha tomadura de pelo” xa que o que solicitan é algo “moi democrático e transparente”.

Medios, Imaxe:

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS