As veciñas/os de Vigo non abandonan a loita, Carlos e Serafín ¡Indulto xa!

A pesar das pingueiras de choiva que adiantaban o temporal, velaí están, Carlos e Serafín co apoio de todas e todos nós. A defensa de dous vigueses, dous traballadores, seguirá...

A pesar das pingueiras de choiva que adiantaban o temporal, velaí están, Carlos e Serafín co apoio de todas e todos nós. A defensa de dous vigueses, dous traballadores, seguirá nas rúas ata que o Goberno lles conceda o indulto.

Porque a súa causa é a de todas e todos. A de calquera que pode ver a súa vida truncada por unha sentenza aplicada en base a un Código Penal feito para castigar á clase traballadora cando se defende dos abusos da patronal. Ese foi o seu delito: participar nunha folga legal.

A estas alturas, tras varios anos de manifestacións, concentracións e ata declaracións institucionáis exisíndo o indulto, só hai unha razón para que sigan en pe coa ameaza de entrar no cárcere: meter medo á sociedade.

http://irmandade.info/?p=461&preview=true

A lei mordaza e as sucesivas reformas laboráis foron por ese camiño: O de manternos cautivos, levando o mundo laboral á case escravitude, fronte a unha patronal que non só ten ao goberno á beira, senón tamén a demasiados xuíces, como os que condenaron a Carlos e Serafin a varios anos de cárcere por participar nunha folga legal. Todo en base a unha declaración policial.

Ó remate da manifestación a secretaria xeral de CCOO en Vigo, Amelia Pérez, en nome de todas e todos leu un comunicado reiterando que remate a persecución contra as e os traballadores e sindicalistas.

Como dende fai varios anos a manifestación contou co apoio das tres centráis sindicáis maioritarias, CIG, CCOO e UGT.

Vídeo de Roberto Solano:

Categorías
Clase Obreira
Ernesto Ilkermn

Fotógrafo e Xornalista. Sempre disposto a disparar e cubrir eses casos aos que a prensa tradicional non chega e non quere chegar. Colabora con varios medios, como: Tercera Información ou Revolución Permanente.

RELACIONADAS