Aquí tes o novo vídeo de Green Day asinado por un realizador galego


O coruñes Manu Viqueira realizou para a banda a parte audiovisual do tema combativo contra Donald Trump

Desde o pasado luns xa está na plataforma Youtube o máis recente videoclip oficial da banda californiana Green Day, Troubled times, que xa leva por riba do millón de visualizacións. O realizador coruñés Manu Viqueira, un traballador autónomo do gremio audiovisual especializado en animación gráfica multimedia en movimiento e infografía aplicada á narrativa (motion graphics) e postprodución, é o que está detrás de toda a parte gráfica deste audiovisual de alcance global.

Segundo o realizador coruñés declarou a diversos medios estes días, foi grazas a que o supervisor de videoclips da discográfica Warner, David Sarno, viu o seu catálogo profesional de traballos na plataforma Vimeo, que o executivo americano contactou con el por correo electrónico o pasado mes de outubro para proponerlle facer este traballo para a mundialmente coñecida banda de punk rock.

Os californianos buscaban un determinado efecto de protesta social para este tema moi enfocado á súa oposición frontal ás políticas do novo presidente electo dos EE.UU. e quixeron que fose co estilo que Viqueira xa deixaba ver no seu catálogo. O vídeo contén numerosas alusións á historia da loita polos dereitos civíse numerosas advertencias sobre problemas sociais actuais e perda de liberdade cun ton combativo no que o discurso visual proposto por Viqueira encaixa á perfección.

culturagalega

Categorías
Cultura

RELACIONADAS