Apresentam denuncia contra o Concello de Vigo e o seu concelleiro de Benestar social

Días antes presentara un escrito no Concello de Vigo solicitando a dimisión de Isaura Abelairas, concelleira de Benestar Social...

O activista Lagarder Danciu presentou o 11 de novembro unha denuncia, ante o Xulgado de Instrución número 8 de Vigo, contra o Concello de Vigo e a Concellaría de Benestar e Igualdade por “a morte de persoas sen teito” ao considerar que “non están a cumprir co o deber de socorro” facendo “abandono de funcións”. Nela fai referencia aos feitos que xa denunciou o día anterior en rolda de prensa, onde anunciou que levaría a Abel Caballero aos tribunais.

Previamente presentara o 7 de novembro un escrito no rexistro do Concello da cidade olívica solicitando a dimisión inmediata de Isaura Abelairas, concelleira de Benestar Social e pedindo “prazas fixas para as persoas sen teito para evitar máis mortes este inverno nas rúas de Vigo”

 

uma reportagem de Ernesto Ilkermn

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS