Agora os Centros de Información a Muller (CIM), tamén atenden aos LGTBI!

Coa entrada en vigor da nova normativa dos Centros de Información ás Mulleres (CIM) de Galiza, o novo decreto entrou en vigor o 24 de outubro, publicado no DOG o 3 de outubro.
Son 81 os CIMs que atopamos no noso territorio, en TODO o territorio, para atender as demandas e necesidades de información, atención e asesoramento xurídico e psicolóxico de mulleres vítimas da violencia machista.
Poboación-prevalencia da violencia machista – número de vítimas (mortais ou non, ollo!)-nº de CIMs
As cifras non encaixan….
 
Máis agora, entra unha nova peza na ecuación.
 
O novo decreto que regula o funcionamento dos Centros de Información á Muller.
A lei dí que pasaron 10 anos e hai que revisalo.
 
E se nesa revisión, pódese “calzar” algo que te ten comprometido pero para o que non queres destinar recursos e que ademais vaiche colocar a chapa gayfriendly….que máis se pode pedir!
 
Tanto é así que, desoíndo as queixas das traballadoras dos CIMs así como as entidades LGTBI galegas, a Xunta inclúe nesta modificación:
 
“Entre as funcións que poderán desenvolver os CIMs, incluirá tamén actividades de información e atención ao colectivo LGTBI, segundo a Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia establece que se apoiará un servizo de información, atención e asesoramento a lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais e ás súas familias e persoas achegadas, en colaboración cos gobernos locais.”
 
 
Unha vez a Lei LGTBI galega volve para arremeter contra o propio colectivo! 
Aplausos, por favor.
 
Isto é o que pasa cando o Parlamento permite a aprobación dunha lei valeira de contido despois de pasar polas tixolas (ou segadora) do Partido Popular….
Segundo xs que votaron a favor, esta lei é un camiño andado, agora só queda ir modificándoa pouco a pouco…
 
Levamos 2 anos, nin se aplica o que é tan necesario aplicar, nin se modifica nin un chisco por que a maioría parlamentaria tira todo para abaixo, como era de previr.
 
Golazo.
 
Para nós e para a cidadanía, contar con esta lei é como ter a carátula dun super disco e atopala baleira o abrilo…a única posibilidade que nos da é utilizala como un Boomerang, tirándoa como exisencia do que “case” prometeron.
 
 
Pero voltemos ós CIMs:
 
Nin os CIMs teñen a capacidade, recursos e tempo de atender a outro colectivo máis coas súas específicidades.
Nin as traballadoras teñen a formación e/ou sensibilidade necesaria.
Nin os gobernos locais van a destinar máis recursos para cubrir esta nova necesidade que a Xunta xera, cando estando moitos CIMs ata arriba de traballo non se contrataba a máis persoal.
 
Por non ter, non teñen nin un nome que de pé ao colectivo LGTBI a acudir a informarse e asesorarse.
 
Dende Nós Mesmas denunciamos esta situación, este meternos nalgún oquiño para darnos por satisfeitxs…mentres lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais seguen sendo acosadxs, vexadxs, insultadxs, apaleadxs, humilladxs, discriminadxs e empurradxs ao suicidio.
 
Seguiremos facendo todo o que está nas nosas mans para achar o cambio, aínda que non sexa doado.
Categorías
Xéneros e Sexualidades

RELACIONADAS