Acampada para amosarnos a realidade dxs sen teito en Vigo e esixir un parque público de vivenda

O 28 de novembro os colectivos RSP de Vigo e os Ninguéns acampan durante 24 horas no céntrico farol de Urzáiz, coincidindo coa Xornada Mundial das Persoas sen Fogar,...

O 28 de novembro os colectivos RSP de Vigo e os Ninguéns acampan durante 24 horas no céntrico farol de Urzáiz, coincidindo coa Xornada Mundial das Persoas sen Fogar, para reivindicar un parque de vivendas sociais.

Pola tarde Antón Bouza, de os Ninguéns tomou a palabra para explicitar as necesidades dunha cidade, Vigo, na que a pesar das palabras do rexedor municipal negándoo, hai persoas que teñen que durmir na rúa. Por iso esixiu que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tomen as medidas necesarias a fin de dotar a esta cidade dun parque público de vivendas que axude a solucionar o drama das persoas sen teito. Actualmente o albergue municipal ten un límite de estancia de 10 días, o que na práctica condena ás persoas sen teito a ter que pasar noites na rúa.

Verónica, unha das afectadas pola ausencia dunhas políticas sociais xustas, tomou a palabra para contar o seu caso no que ademais se dan outras circunstancias máis dramáticas: non pode estar cos seus tres fillos menores de idade porque ao carecer dos recursos básicos necesarios están tutelados pola Xunta de Galicia, que os entregou a outras familias. Casos como o seu pon en evidencia o racho ao que leva a pobreza cando non é atendida polas institucións públicas. A ruptura da unidade familiar é unha delas. Unha mesa na acampada recolle firmas para reclamar que Verónica poida vivir cos seus fillos de novo.

[embedyt] http://www.youtube.com/watch?v=qHt72MBd1Xw[/embedyt]

Ademais da intervención de Antón e Verónica, Isabel, da Rede de Solidariedade Popular, leu un comunicado que se reproduce a continuación:

“Hoxe, 28 de novembro de 2016 os colectivos RSP Vigo e Vos Ninguéns acampámonos no farol de Urzáiz 24 horas, na xornada mundial das persoas sen fogar, para reivindicar un parque de vivendas sociais municipal e autonómico que sexa suficiente para cubrir as necesidades habitacionales de calquera persoa empobrecida.

Igualmente esiximos melloras no albergue municipal, que necesita un incremento do número de prazas e un espazo de encontro diúrno que os usuarios poidan utilizar máis aló de pásaa a noite, para poder refuxiarse sobre todo nos días de frío e choiva. Así mesmo é esencial aumentar o número de lavadoras e secadoras e terminar co límite de estancia de dez días.

Entendemos que estes itinerarios temporais deben rematar coa consecución dun piso social independente onde persoas ou familias poidan dispor dun teito aínda que os seus ingresos económicos sexan baixos (parados de longa duración, perceptores de axudas sociais, PNCs etc.) e colectivos especialmente castigados (nais empobrecidas con fillos a cargo, familias monoparentais, mulleres con problemas de violencia de xénero, etc.).

Nun concello como o noso, con superávit… Nunca máis familias en chupanos, en infravivendas, en pisos patera!

Por un Vigo acolledor que significa TEITO PARA TODAS!
Fronte a un alcalde afeccionado a usar a V cos dedos en alusión a un Vigo no que vence… realizouse un ^ para sinalar que ese Vigo con persoas sen teito non é esa cidade bonita da que presume. Eses dedos en forma de ^ piden precisamente iso, teito para tod@s.

A acampada, inciada ás 12 da mañá do día 28 de novembro, terminará ás 12 da mañá do 29, sendo comunidada á Subdelegación do Goberno, a fin de respectar a lexislación vixente. No entanto, ao longo do día 28 tanto policía local como nacional pasaron por ela con intención de desmontala, tendo que realizar unha chamada telefónica á Subdelegación as persoas acampadas a fin de evitar o desaloxo. O que pon en evidencia non só a mala comunicación entre institucións senón unha realidade máis crúa: en lugares visibles e turísticos o Concello de Vigo non permite que a xente durma, non sexa que se estrague a imaxe de “cidade bonita” que vende Caballero.

Categorías
Dereitos Sociais
Ernesto Ilkermn

Fotógrafo e Xornalista. Sempre disposto a disparar e cubrir eses casos aos que a prensa tradicional non chega e non quere chegar. Colabora con varios medios, como: Tercera Información ou Revolución Permanente.

RELACIONADAS