A policía despexa o Centro Social Ocupado Escárnio e Maldizer de Compostela


Efectivos policiais acordoaron este martes a primeiras horas da mañá a rúa Algalia de Arriba, unha céntrica rúa do casco vello de Santiago, para realizar un rexistro nun coñecido local social da cidade, o CSO Escárnio e maldicer.
Imaxe: FB Escárnio Malddizer

A Policía cargou contra un grupo de dez persoas que se concentraron diante da fachada, mentres as forzas de seguridade procedían a tapiar as portas de entrada ao edificio.

Ás 20.00 horas deste martes hai convocada unha concentración na Porta do Camiño en contra desta actuación.

O centro CSOA Escarnio e maldicer está situado nun antigo espazo ocupado e no que se atopaba a antiga agrupación de baile e canto tradicional Cantigas e Agarimos. Este “Espaço autónomo e antiautoritário para umha Compostela rebelde e combativa” leva anos realizando actividades sociais, entre eles, cursos de baile, pandeireta ou actividades deportivas e agrarias.

Fonte: GC,   FB Escárnio Maldizer

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS