A parálise do Instituto de Silicose de Oviedo pon en risco a saúde dos traballadores da lousa

A silicose é unha enfermidade respiratoria grave, progresiva e irreversíbel que se contrae debido á exposición ao po de sílice en traballos de extracción e elaboración de pedra natural, lousa e áridos, nos que ten unha importante presenza e que dá lugar a unha importante afectación na saúde dos traballadores e traballadoras.

A CIG amosa a súa preocupación pola parálise do servizo de revisións médicas do Instituto da Silicose de Oviedo, que prestaba un servizo de primeira orde a ducias de traballadores e traballadoras galegas que podían facer un seguimento da súa saúde laboral neste centro de referencia en temas de silicose en todo o Estado.

“Non temos comunicación oficial algunha que nos dea unha explicación certa do que está a pasar, mais alá de comentarios que aluden a un cambio de dirección no servizo a finais do ano pasado que supuxo a paralización do servizo” explica Afonso Losada, responsábel de Construción da CIG en Lugo.

A silicose é unha enfermidade respiratoria grave, progresiva e irreversíbel que se contrae debido á exposición ao po de sílice en traballos de extracción e elaboración de pedra natural, lousa e áridos, nos que ten unha importante presenza e que dá lugar a unha importante afectación na saúde dos traballadores e traballadoras.

Segundo estudios do ISSGA (Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galiza), arredor do 75% dos traballadores/as da Lousa están sometidos/as a valores de exposición de po de sílice inaceptábeis.

“Este é un dato moi revelador das condicións de traballo destes operarios e operarias que fai, se cabe, máis importante un servizo como o que se viña prestando no Instituto da Silicose de Oviedo, que servía para detectar casos de afectación nos traballadores e evitar así que continuaran expostos e poder ofrecerlles unha saída, ben fose con cambios de posto de traballo ou, de non ser posíbel coa determinación dunha pensión incapacitante para a realización destes traballos” explica Losada.

Diante desta situación, a CIG-Construción demanda a “reanudación inmediata do servizo para os traballadores e traballadoras e o desbloqueo na concesión de citas para realizar as probas. Temos ducias solicitudes de citas sen contestar, algunhas dende decembro do ano pasado. É vergoñento e preocupante” censura o sindicalista.

CIG

Categorías
Clase Obreira

RELACIONADAS