A demanda colectiva contra ABANCA por cláusulas chan admitida a trámite

A demanda colectiva presentada por ACOUGA contra ABANCA por cláusulas chan, admitida a trámite no Tribunal de Xustiza Europeo.
Protestas fronte ABANCA - Ernesto Ilkermn

A demanda colectiva presentada por ACOUGA contra ABANCA por cláusulas chan, admitida a trámite, segue o seu curso natural co éxito garantido desde o Tribunal de Xustiza Europeo. A asociación cifra en case 77.500 os afectados.

Hoxe ás 9.30h da mañá fallaba o Tribunal de Xustiza Europeo a favor dos consumidores, dictaminando que as entidades bancarias tiñan que devolver todos os intereses cobrados de xeito indebido desde a sinatura da hipoteca. A Cláusula chan, sendo ilegal, ten tratamento de ilegal durante toda a vida da hipoteca, como viñeron reclamando desde ACOUGA.

Nos próximos días faran chegar unha circular aos asociados informando detalladamente.

Aínda hai tempo para adherirse á demanda. O feito de que un tribunal dea a razón non fai que lle devolvan os cartos a alguén que non demandou.

A UE falla en contra da banca e fixa a devolución total do cobrado por cláusulas chan

O Tribunal de Xustiza europeo fallou hoxe a favor de establecer unha retroactividad total na devolución das cláusulas chan opacas dos contratos hipotecarios. O veredicto supón un tremendo pau para o sector bancario, que deberá devolver todo o diñeiro cobrado en virtude destas cláusulas. O Banco de España calcula que os importes a devolver suman 4.000 millóns de euros.

A sentenza, lida hoxe en Luxemburgo, contradí a interpretación do Tribunal Supremo español, que en 2013 anulou as cláusulas chan abusivas, pero limitou o reintegro das cantidades cobradas de máis. Os xuíces españois só impuxeron a devolución do cobrado a partir do 9 de maio de 2013, por entender que até ese momento as entidades financeiras podían asumir que as cláusulas eran legais, así como para evitar o impacto económico dunha devolución completa.

 

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS