A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica

Esta fin de semana os veciños da Costa da Morte están chamados a unha gran manifestación en defensa dos postos de traballo de Ferroatlántica...

Esta fin de semana os veciños da Costa da Morte están chamados a unha gran manifestación en defensa dos postos de traballo de Ferroatlántica, ante a posible perda de 400 deles a medio ou longo prazo.

O presidente de Ferroatlantica Larrea saindo do Concello de Cee cos traballadores manifestandose-Foto-Rafa Quintans

O presidente de Ferroatlantica Larrea saindo do Concello de Cee cos traballadores manifestandose-Foto-Rafa Quintans

Unha situación que afecta fondamente á economía de toda a comarca. Por iso, sindicatos e entidades sociais chaman a esta protesta que terá lugar este sábado 12 de novembro ás 17:00 horas, na praza do Concello de Cee.

As críticas da marcha irán dirixidas á empresa e á Xunta. Á empresa pola segregación das actividades de enerxía e ferroaleaxes que tenta perpetrar mediante a venta do seu negocio hidroeléctrico. Moitos consideran que esta operación abocará á ruína da comarca. Á Xunta porque a fan responsable de non facer nada para evitar esta situación.

Os traballadores conseguiron xa case 2.000 sinaturas na páxina de FB ”As nosas centrais non se venden” específica para a loita.

galiciaconfidencial.com

Categorías
Clase Obreira

RELACIONADAS