A absolución para Diego Lores é apoiada por centos de persoas

Apreséntase un manifesto en prol da sua absolución, asinado por centos de persoas, entre elas atopanse Beiras, Manuel Rivas ou Ana Miranda. O recente documental #MoitoPeixeRompeARede relatanos o acontecido.

Chegou o día. O 17 de xaneiro de 2017 xulgan a Diego por unha suposta agresión a un policía municipal con resultado de lesións. A pena a que se enfronta é de 3 anos e medio de cárcere, xunto a unha responsabilidade civil de 30.355,84 euros.

O feito que se xulga ocorreu hai dous anos, cando parte da veciñanza do barrio vigués de Coia co apoio de xentes vidas doutros barrios, botouse á rúa para protestar por outro (xa ían varios) proxecto megalómano e esperpéntico promovido dende o Concello de Vigo: a colocación dun barco de alto valor histórico nun rotonda do barrio.

Esta actuación non só é paradigma do pailanismo urbanístico que se está a estender pola xeografía viguesa, senón que é -e así foi percibida pola veciñanza- un insulto, unha provocación en toda regra. Non hai cartos para pagar as axudas de emerxencia, alugueiros ou recibos da luz da cidadanía empobrecida, pero si para instalar un barco nunha rotonda.

Tendo sempre por bandeira a nonviolencia, a resistencia pasiva e a desobediencia pacífica, paralizáronse as obras. As forzas de orde público interviñeron, e comezaron a chegar as multas e as detencións: tras Xurxo, foi a quenda a Diego. Agora, dous anos despois, dará comezo o seu xuízo.

Na instrución do procedemento foi tal o cúmulo de contradicións e incongruencias por parte da acusación particular, que a propia fiscalía, en dúas ocasións, rexeita formar parte do proceso. Deste xeito, o día 17 de xaneiro non haberá acusación pública (o ministerio fiscal non aprecia indicios de delito, pese a todo o manifestado dende o goberno municipal), só acusación particular: a Policía Local.

O que nós berrabamos hai dous anos, seguímolo berrando agora: as nosas armas son a razón, as arelas de xustiza social, a utopía dun mundo mellor. Non precisamos nin da forza nin da violencia.

É berrámolo forte e claro. Sentímonos moi orgullosos de Diego, unha máis de tantas persoas que día a día nos demostran como non sae gratis saírse do rabaño. A denuncia das inxustizas deste sistema, a contestación social, a protesta, son perseguidas e criminalizadas, pese a que o noso ordenamento xurídico diga o contrario. E Diego sempre foi unha das caras máis visibles da loita da rotonda de Coia, polo que creemos que o seu procesamento non é casual. Pretenden que pague por toda a veciñanza, para que quede claro que sucede coas voces disonantes.

Por todo isto, As abaixo asinantes manifestamos o noso apoio a Diego ante o proceso que está a piques de comenzar, solicitando a súa libre absolución. Sabemos da súa inocencia, e afirmamos a nosa decidida aposta pola desobediencia pacífica e a nonviolencia como ferramentas de traballo na loita por unha sociedade baseada na xustiza social e a igualdade.

Vigo, 4 de decembro de 2016,   Asemblea Aberta de Coia

Listaxe apoios:

Teresa Forcades (Doutora, teóloga feminista e monxa benedictina)

Carlos Taibo (Escritor e profesor na Universidade Autónoma de Madrid)

Yayo Herrero (Directora de FUHEM e Ecoloxistas en Acción)

Manuel Rivas (Escritor e xornalista)

Laura Bugalho (Sindicalista e activista)

Xosé Manuel Beiras (Anova)

Anna Gabriel (Deputada CUP-CC)

Arcadi Oliveres (Economista e profesor, activista de Justícia i Pau)

Miren Etxezarreta (Economista e catedrática emérita da Universidade Autónoma de Barcelona)

Raúl Zibechi (Escritor e pensador activista uruguaio)

María Reimóndez (Escritora, tradutora e feminista)

María López Vigil (Xornalista e teóloga feminista)

Martiño Noriega (Alcalde Santiago de Compostela)

Luis Villares (Deputado En Marea)

Jorge Riechman (Profesor de Filosofía da UAM e poeta)

Ana Miranda (Europarlamentaria BNG)

David Fernàndez (Xornalista, ex deputado da CUP-CC)

Lidia Senra (Eurodeputada Anova)

Andrés Torres Queiruga (Teólogo)

Miren Koldobike Velasco Vázquez (Traballadora social e profesora de Traballo Social da Universidade de A Palmas de Gran Canaria)

Xosé Luis Méndez Ferrín (Escritor)

Alexandra Fernández (Parlamentaria En Marea)

Javier Baeza (Cura en San Carlos Borromeo)

Olalla Rodil (Xornalista e parlamentaria BNG)

Fermín Muguruza (Músico)

Carmen Santos (Deputada En Marea)

Francisco Sampedro (Filósofo e escritor)

Beatriz Campos (Actriz Migallas Teatro)

Fran Lorenzo (Escritor e xornalista)

María Campuzano (Alianza contra a Pobreza Enerxética)

Miguel Brieva (Debuxante)

Josep Manel Busqueta (Economista, panadeiro, Seminari d’Economia Crítica “Taifa”, ex deputado da CUP-CC)

Pepe Carreiro (Debuxante)

Luis González Reyes (Ecoloxistas en Acción)

Alba María (Música)

Albert Sales (Profesor de Ciencias Políticas da Universidade Pompeu Fabra)

Sechu Sende (Escritor)

García Mc (Músico, educador independente e activista social)

Anxo Angueira (Filólogo, escritor e estudoso literatura galega)

Pedro Ramírez Pérez (OMAL)

Manolo Camaño Fandiño (Secretario xeral da CUT)

Oleguer Presas (Economista, Crida per Sabadell, Seminari d’Economia crítica “Taifa”)

Belén Gopegui (Escritora)

Ohiana Etxebarrieta (Deputada EH Bildu)

Leo i Arremecaghoná (Músico)

Ruben Pérez Correa (Concelleiro Marea de Vigo)

Paula Quinteiro (Deputada En Marea)

Emiliano Tapia (Cura da parroquia de Buenos Aires – Salamanaca)

Joserra Olarieta (Profesor da Universidadr de Lleida (ETSEA), Som lo que Sembrem)

Luis Correa “O Caruncho” (Músico)

María González Reyes (Ecoloxistas en Acción e escritora)

Meritxell Domingo (Enxeñeira agrónoma, Som lo que Sembrem)

Clara Griera (Cooperativista L’Olivera)

Emma Gascó (Debuxante e ilustradora)

José Iglesias Fernández (Economista)

Antonio Orihuela (Poeta)

Lola Sánchez Caldentey (Europarlamentaria de Podemos)

Óscar García Jurado (Autonomía Sur)

Erika González Briz (OMAL)

Paco Segura (Coordinador de Ecoloxistas en Acción)

Nerea Ramírez Piris (Coordinadora de Ecoloxistas en Acción)

Elvira Cámara (Coordinadora de Ecoloxistas en Acción)

Alberto García-Teresa (Poeta)

Tom Kucharz (Ecoloxistas en Acción)

Pau Llonch ( Vocal do grupo AT Versaris, PAH Sabadell e Seminari d’economia crítica “Taifa”)

Samuel Martín-Sosa Rodríguez (Responsable de Internacional de Ecoloxistas en Acción)

Ivan Gordillo (Economista e membro Seminari d’economia crítica “Taifa”)

Ana Vega (Escritora)

Gonzalo Escarpa (Escritor e performer)

Ana Grandal Martín (Tradutora científica)

Patxi Zabalo (Profesor da Universidad do País Vasco)

Juan Hernández Zubizarreta (Profesor da Universidade do País Vasco)

Luis Nieto Pereira (Asesor do Concello de Madrid)

Ferrán Fernández (Editor e poeta)

María Ángeles Maeso (Escritora)

Eladio Méndez Fernández (Poeta)

Viviana Paletta (Poeta)

Matías Escalera Cordero (Escritor e profesor)

Marta Sanz (Escritora)

Núria Vidal de Llobatera (Ecoloxistas en Acción de Girona e Rede Anti-represión de familiares de detenidas)

Martin Mantxo (Ekologistak Martxan)

Lucía Bárcena Menéndez (Coordinadora Campaña #NoalTTIP en Ecoloxistas en Acción – Cataluña)

Marta Pascual Rodríguez (Ecoloxistas en Acción)

Joan Turu (Debuxante)

Antón Gómez Reino-Varela “Tone” (Parlamentario En Marea)

Xose Luis Xácome (Concelleiro Marea de Vigo)

Marga López Barreiro (Concelleira de Marea de Vigo)

David Carballal (Anova)

Eva Solla (Deputada En Marea)

Juan Fajardo (Deputado En Marea)

Marcos Cal (Deputado En Marea)

Juan J. Merlo (Deputado En Marea)

Ánxeles Cuña (Deputada En Marea)

David Rodríguez (Deputado En Marea)

Antón Sánchez García (Deputado En Marea)

Luca Chao (Deputado En Marea)

Jose Manuel Lago (Deputado En Marea)

Magdalena Barahona (Deputada En Marea)

Francisco Casal (Deputada En Marea)

Paula Vázquez (Deputada En Marea)

Jesús Arteaga “Jipy” (Músico e activista)

Manolo Saez Bayona (Baladre)

Guillermo Contreras (Movimiento Antirrepresión de Córdoba, Plataforma Córdoba Aire limpio e Ecoloxistas en Acción)

Luis Fernando Jiménez Fuentes (Ecoloxistas en Acción Andalucía)

Sergi Saladie (Xeógrafo e deputado da CUP-CC)

Cristina Contreras Jiménez (Ecoloxistas en Acción Córdoba)

Eduardo Rodriguez Cunha “Tatán” (Titiriteiro e actor)

Carme Pagès Pallisé

Jordi figuerola i Solà

Javier Sáez Ibarra (Poeta)

Fernando Cembranos (Psicólogo e sociólogo)

Constantino Bertolo (Crítico e editor)

Carlos Gómez Gil (Profesor da Universidade de Alicante)

Jorge Fonseca (Profesor da Universidade Complutense de Madrid)

Rosana Acquaroni (Poeta)

Belén García Nieto (Poeta)

Ana Pérez Cañamares (Poeta)

Juanjo Álvarez (Bibliotecario)

Luis Miguel Uharte (Profesor da Universidade do País Vasco)

Jaime Pastor (Profresor da UNED)

Mikel de la Fuente (Colaborador honorífico da PUV/EHU)

Eladio Orta (Poeta)

Ana Cibeira (Poeta)

Jesús Carrión (Coordinador do Colectivo Ronda)

Joan Teran (Politólogo i documentalista, CUP-CC)

Vidal Aragonés (Avogado laboralista, profesor de dereito UAB, Concelleiro de En Comú crida per Cornellà)

Benet Salellas (Avogado e deputado da CUP-CC)

Diosadado Toledano (Marea de Mareas)

Josep Garganté (Sindicalista, concelleiro da CUP-CC no concello de Barcelona)

Isabel Vallet (Avogada, ex deputada da CUP-CC)

Mireia Vehí ( Socióloga, deputada da CUP-CC)

Lucía Medina Navarro (Baladre)

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS