250 estudantes coruñeses pagan 10.000 euros por unha festa de Noitevella que non se celebrou


Cada estudante pagou 40 euros. Contrataron cun intermediario que ao parecer, non pagou aos propietarios da sala Leclub.
Sala Leclub - A Coruña - Google

Centenares de estudantes de varias escolas coruñesas empezaron o ano con moi mal pé: sen festa e sufrindo unha presunta estafa. Presentáronse no local Leclub, que alugaran para a súa festa de Noitevella e ninguén se presentou para abrila.

En total, foron 250 os estudantes que quedaron sen a festa, pola que cada un pagou 40 euros, o que fai un total de 10.000 euros, segundo informa La Voz de Galicia.

Meses atrás fixaron aforamento máximo, horarios, barra libre e música. Os menores levaron autorización paterna para asistir. A pesar do mal grolo, ninguén lles respondeu nos teléfonos de contacto que tiñan e ao parecer, o problema estaría en que contrataron cun intermediario que non pagou aos propietarios da sala o alugueiro para dita festa.

Fonte: 20 Minutos

Categorías
Acontece

RELACIONADAS