25 de Decembro: Greve na recollida do lixo de Pontevedra

Segundo informa o sindicato CIG, están están chamadas a greve un total de 125 empregadas/os.

O cadro de persoal de Cespa, concesionaria do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria e de dependencias municipais de Pontevedra, formalizou o venres a convocatoria de folga indefinida a partir das 22.30 horas do vindeiro domingo 25 de decembro.

A decisión foi adoptada tras o desacordo nas negociacións do convenio colectivo, xa que a empresa pretende que as traballadoras/es renuncien a reclamar a antigüidade derivada dos contratos eventuais. Ao paro convocado conxuntamente polos sindicatos que integran o comité (CIG, CCOO, UGT e USO) están chamados un total de 125 empregados/as.

CIG

Categorías
Clase Obreira

RELACIONADAS