2016: un ano de mobilizacións en Vigo

As persoas refuxiadas ocuparon boa parte do ano, lamentablemente con pouco resultado. O estado español poucas ten acollido. Palestina, Venezuela, Siria… foron outros dos asuntos da política internacional que...

As persoas refuxiadas ocuparon boa parte do ano, lamentablemente con pouco resultado. O estado español poucas ten acollido. Palestina, Venezuela, Siria… foron outros dos asuntos da política internacional que chegaron ao corazón de Vigo.

Nun ano electoral non podían faltar as eleccións, que foron unha gran decepción para a esquerda, ao ter na Xunta e no estado o PP outra vez. O da República… segue a ser un soño que inda así cada ano se pide, a pesar dos dous reis que temos.

Carlos e Serafín cun indulto que non chega, a violencia machista con moitas asasinadas, foron temas recurrentes, como as mobilizacións polo emprego, que tan malo e escaso está a ser. Algún conflicto se reflicte como o dos traballadores de ONGs, explotados; ou o caso de Formega. Tamén os dereitos do colectivo LGTBi con manifestacións reinvidicativas e concentracións de luto polo atentado terrorista de Orlando.

No ámbito da pobreza foron moitas as iniciativas que axudaron a persoas concretas, inda que o problema segue, co inverno e a pobreza enerxética que leva á morte. Desafiuzamentos, sen teito… Segue a crise.

A sanidade, cada vez máis privatizada, co desastre do Cunqueiro, lonxe da cidade, tamén ocupou unha boa parte da mobilización viguesa, en especial en Teis onde levan unhas cantas manifestacións reclamando un autobús para ir ao hospital.

O estudantado deu de novo mostras de vigor nas rúas de Vigo reclamando a derogación da LOMCE e unha educación pública e de calidade.

As e os xubilados, que moitas veces teñen apoiado esas concentracións e manifestacións, teñen agora que defender os seus dereitos: as pensións públicas, cada vez máis exiguas. Algúns deles xa sufriron demasiado -ate a morte- ca xestión das preferentes. Inda así, tras anos na rúa, parte puideron recuperar o que era seu.

Non podían faltar a xente da R.S.P., ameazada de ser botada da que é a súa casa, ou os valentes de Coia que teñen que pagar no persoal a mobilización contra a imposición dun buque nunha rotonda pola forza. Tamén están os da Quinta da Carmiña, sempre artistas, e en defensa tamén deles, pois neste ano que remata perseguiron ate a titiriteiros, ademáis de independentistas e activistas como Lagarder Danciu. Lápices y Colores, Cada Niño un Juguete, Os Ninguéns, a FAVEC, a CIG, e outros sindicatos tamén estiveron cumplindo a súa función na defensa da infancia, das persoas necesitadas, das e dos veciños, e da clase traballadora.

A cultura, tamén se reinvindica en Vigo, como fan os de San Andrés de Comesaña, que queren recuperar o seu castro. E a natureza… enfín, os incendios que agora parecen lonxanos no tempo asulagaron o entorno da cidade.

Non están todas as mobilizacións que houbo na cidade, pero si que penso que quedan algunhas estampas de todas ás que fun, case sempre con Roberto Solano (¡cómo te boto de menos amigo cando hai que gravar video e non estás!), ou con Rubens Rocha, tamén voluntarios fotográficos da cruda realidade dunha cidade fermosa en apariencia, pero que esconde moito drama. Pero non somos os únicos. Ahí están, ademáis da xente de Galizacontrainfo e os reporteiros de Avantar, Sheila Cabanelas Gonzalez, Mercedes Méndez, ou Jose Ramon Cabaleiro Rodriguez que se sumaron a unha laboura na que sen dúbida os grandes mestres son Victor De Las Heras, Vitín, e Miguel Nuñez, que seguen usando as cámaras como armas de conciencia masiva e con quenes coincidimos en moitos eventos. Ademáis deles case sempre estará algún ou algunha reporteira da prensa “seria”, que ás veces ten que tragar sapos cando na redacción lle tiran abaixo algunha que outra foto ou video, porque non son políticamente correctos. E falando de redactar teño que mencionar a un xornalista que admiro pola súa calidade profesional e tamén humana: Cristian López Iglesias. Un saúdo tamén á xente de tercerainformacion.es , revolucionpermanente.es e irmandade.info que son os medios grazas aos que estas fotos e crónicas chegan a máis persoas sen censura algunha. Tamén para quenes son capaces de contalo en verso, que eu son prosaico:envolventesaspalabras.info

Inda que a gran maoiría das fotos son de Vigo, tamén hai algunha dalgún evento de Pontevedra, en defensa da igualdade de xénero.

Para todas e todos, que no 2017 non teñamos que andar tanto polas rúas, que ademáis en Vigo acostumaba chover -este nadal foi escaso en auga-. E que sexa mellor que o 2016, inda que sendo realista, penso que teremos que papar moitas máis manifestacións, charlas e loita porque é o unico camiño para mudar as cousas que non pintan nada ben, nin nos barrios, nin nos estados. E por estes lares sen eleccións á vista co cal votar non servirá no 2017, salvo sorpresa.

Fotos

Categorías
Dereitos Sociais
Ernesto Ilkermn

Fotógrafo e Xornalista. Sempre disposto a disparar e cubrir eses casos aos que a prensa tradicional non chega e non quere chegar. Colabora con varios medios, como: Tercera Información ou Revolución Permanente.

RELACIONADAS