10 días de actividades pola absolución de Diego Lores

Unha semana de palestras por cidades da Galiza e 48 horas de peche ata acompañar a Diego os xulgados.

A Asemblea Aberta de Coia e Baladre (Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social) organizan unha semana de palestras e proxeccións en solidariedade coa loita na rotonda de Coia que leva por título: “Quérennos en soidade, téñennos en común”.

A xira procura sumar apoios a Diego Lores, unha das persoas represaliadas pola loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda deste barrio vigués. O 17 de xaneiro celebrarase o xuízo.

Este ciclo de palestras, irán acompañadas da proxección da curta #MoitoPeixeRompeARede que repasa os meses de conflito.

Con estas actividades queren poñerlle voz e corpo ás mobilizacións veciñais na defensa do ben común, da vida. Coñecer as resistencias das que visualizan a inxustiza existente tras a cidade capitalista. Coñecer as arelas daquelas que pulan por colocar a vida e os dereitos sociais de todas no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como ferramentas fronte a represión das que traballan pola xustiza social.

Para tratar estes temas contarán con persoas que participaron en diferentes loitas para nos falar das súas experiencias co obxectivo de tecer redes na defensa do que é de todas.

PONFERRADA
Domingo 8 xaneiro ás 15h00. Magaz de Arriba (Ponferrada)

FERROL
Luns 9 xaneiro ás 19h00. Ateneo Ferrolán (r/Magdalena 202-204)

SABARÍS
Martes 9 xaneiro ás 20h00. Casino de Sabarís (Julián Valverde 33)

OURENSE
Mércores 11 ás 20h00. A Galleira (Praza de San Cosme)

PONTEVEDRA
Xoves 12 ás 20h00. Casa das campás (r/Don Filberto 9)

VIGO
Sábado 14 ás 19h00. CS Faísca (r/Toledo 9)

Tamén comunican o peche de 48 horas na Parroquia do Cristo da Victoria dende o Domingo 15 ata o Martes 17, para rematar acompañando a Diego ata o Xulgado.

 

Categorías
Dereitos Sociais

RELACIONADAS